top of page

Benvidas familias a esta tarefa que fixemos no cole, o noso propio xornal escolar, o cal decidimos chamar "O Rumoroso".

Estes días celebramos no cole o Entroido e fixemos un montón de actividades que queremos ensinarvos, e que mellor maneira de facelo que a través do noso propio periódico.

Imitando os mellores periodistas queremos facervos participes dos nosos traballos no cole e que disfrutedes e aprendades tanto sobre o entroido como o fixemos nós.

Esperemos que vos guste!

O Rumoroso

BENVIDAS FAMILIAS

¿Por qué un xornal?

As nenas e nenos de 5º sabemos que vos gusta moito ler as noticias cada día no xornal, asique tivemos a idea de crear o noso propio periódico, para que esteades o tanto de todo o que facemos na escola.

Transformamos a aula nunha redacción e convertímonos, ca axuda dos mestres e mestras, en auténticos periodistas, buscando a información, editándoa e publicándoa en "O Rumoroso".

Actividades

.

O entroido deu moito de sí e na aula, aproveitando ás novas tecnoloxías, descrubimos un montón de aplicacións cás que fixemos todo tipo de actividades.

Fixemos un puzzle e unha sopa de letras. ¿Sodes capaces de resolvelas?

Tamén coñecimos a peza orquestal "El Carnaval de los Animales", obra do compositor romántico Camille Saint-Saëns. ¿Gustaríavos escoitala?

Unha das cousas máis divertidas foi cando vestimos, ca axuda da pantalla dixital, ó noso amigo multimedia Maragato, que non sabía que disfraz poñer para ir a festa.

E tras investigar e aprender moito sobre os entroidos galegos, fixemos un pequeno cuestionario sobre o Entroido.  ¿Canto sabedes sobre él? ¿Vos atrevedes a facelo? Pasade e descubride todas as actividades que fixemos.

bottom of page